A ARTISTA FIXéRASE CO II CERTAME DE CANCIóN DE AUTOR EN GALEGO CONCELLO DE TEO
Sofía Espiñeira debuta con Alá onde agroman as herbas
xaneiro 4, 2016
Meses despois de se facer cos premios do público e do xurado no II Certame de Canción de Autor en Galego Concello de Teo, Sofía Espiñeira acaba de lanzar o seu primeiro álbum. Alá onde agroman as herbas achega nove temas nos que a autora integra influencias da música tardicional e transcende a perspectiva máis canónica da música de cantautor. A Arca da Noe, en Vilar de Santos, acollerá o vindeiro 12 de febreiro a próxima cita da artista.
Tamén che pode interesar:
datos do disco