Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Catro discos galegos sitúanse entre os 50 mellores do ano a nivel estatal

O NOVO TRABALLO DE TRIáNGULO DE AMOR BIZARRO é O MAIS DESTACADO DE 2013 PARA JITPARADE

Catro discos galegos sitúanse entre os 50 mellores do ano a nivel estatal

MISCELáNEA | xaneiro 14, 2014

victoria-mistica-triangulo-amor-bizarro.jpg

A pegada que está a ter a música galega a nivel estatal é coñecida. Agora, coa elaboración das listas do mellor do ano, pode cuantificarse ata que punto os nosos grupos acada éxito fóra do país. Entre estas, destaca a que elabora a web Jitparade, a partir de nada menos que setenta listaxes tiradas de medios especializados, magazines e blogs musicais de diferenza. Como resultado desta análise, a cabeceira conclúe que o mellor disco do ano a nivel estatal foi precisamente p Victoria mística dos galegos Triángulo de Amor Bizarro.

Non é a única presenza nesta selección. Hai que descer ata o número 13 desta metalista para atopar máis presenzas do país, con Val Miñor de Iván Ferreiro, a quen seguen Ultra de Disco las Palmeras! no posto 31 e mais o Mambrotrón de Unicornibot. Alén do posto cincuenta atopamos Uno de Lendrone (56), Grecia de Das Kapital (63),There´s a man with a gun over there de Niño y Pistola (64). E despois do 100 sitúanse aínda Igloo con 04 El conjunto vacío (126) e Los años muertos de Maryland no 139.