SONO-TONE comeza a busca do mellor disco galego do ano 2007
decembro 11, 2007
Como xa fixera no 2006 a revista en liña SONO-TONE buscará a opinión dos seus lectores para establecer a lista de mellores discos galegos do ano. A través do correo electrónico os internautas poderán enviar as puntuacións que outorgan a tres discos editados este ano en CD, vinilo ou publicados na rede. O pasado ano foron os composteláns 6PM os gañadores da selección co seu disco “Far from perfect” (Junk Records, 2006) seguidos moi de cerca polo disco “Como un maldito guisante” (Mulberry, 2006) de Niño y Pistola. A revista electrónica incentivará a participación cun sorteo de discos entre os votantes. O prazo para enviar os votos remata o vindeiro día 13 de Xaneiro do ano entrante. Esa mesma semana farase pública a lista de mellores discos galegos de 2007.
Máis información en SONO-TONE
Tamén che pode interesar:
- 4/ 6/ 2013 | Kérkennai volta con Un soño cotián de bolboretas
- 9/ 3/ 2009 | Quant enchen de cores e idiomas o seu primeiro disco longo
- 16/ 1/ 2008 | Triángulo de Amor Bizarro é o mellor disco de 2007 segundo os lectores de SONO-TONE
- 14/ 1/ 2008 | Os ponteareáns Capitan Furilo presentan cunha cea o seu primeiro disco
- 28/ 5/ 2007 | O novo disco da banda grovense Nadadora xa está nas tendas desde hoxe mesmo