Ti estás aquí > Inicio / / Sinsal celebra esta fin de semana o seu festival na illa de San Simón
Sinsal celebra esta fin de semana o seu festival na illa de San Simón
agosto 30, 2013
Coa mesma dinámica: dous días de concertos, cartel secreto e un formato reducido para unha illa. O colectivo Sinsal organiza esta fin de semana unha nova edición do seu festival de verán logo de que o previsto para o mes de xullo (no que ían actuar Mikal Cronin, Austra, Sam Amidon oTriángulo de Amor Bizarro) se suspendeu por mor do accidente de Santiago. A cita desenvovlerase entre sábado e o domingo.
Canda este certame, outra das grandes citas do verán acaba de anunciar as datas de celebración do encontro para o vindeiro ano. Trátase de PortAmérica, o encontro de música, gastronomía e ideas que tivo 19.000 asistentes, un 11% máis que en 2012 e que se repetirá os días 17, 18 e 19 de xullo.
Tamén che pode interesar:
- 9/ 2/ 2024 | Sinsal publica as gravacións en cilindro fonográfico de artistas da pasada edición do festival
- 15/ 2/ 2016 | O SonRías Baixas comeza a adiantar o seu vindeiro cartel
- 22/ 4/ 2014 | O Festival Sinsal medra
- 5/ 8/ 2013 | O Festival Sinsal voltará o 31 de agosto e o 1 de setembro
- 13/ 6/ 2013 | Sinsal volve convocar o seu festival sen anunciar o programa