Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Esquíos publica para libre descarga Porcocan

O GRUPO QUERE HOMENAXEAR ASí O SEU VOCALISTA, QUE FALECEU RECENTEMENTE

Esquíos publica para libre descarga Porcocan

ROCK | xullo 24, 2013

imaxe non dispoñible

O grupo de punk-rock Esquíos acaba de publicar no seu web unha ligazón para descargar de balde Porcocán, o seu último traballo. Con esta acción, o conxunto pretende homenaxear a Miguel Ángel Castro, o seu vocalista, que faleceu a finais do pasado mes de xuño en plena xira de promoción deste traballo. Segundo explican no web, aínda que non tiñan pensado pór o volume en libre descarga "o que máis queremos é que o traballazo que fixo Moro no mesmo chegue a máxima xente posible".