Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O VI Espazos Sonoros achegará dez actuacións

A CITA CENTRA A SúA ATENCIóN NO PATRIMONIO INDUSTRIAL NA NOVA XEIRA

O VI Espazos Sonoros achegará dez actuacións

MISCELáNEA | xullo 9, 2013

imaxe non dispoñible

Un total de dez actuacións de música antiga e contemporánea, ademais de obradoiros, visitas guiadas e un faladoiro con Emilio Cao, compoñen o programa da VI Edición de Espazos Sonoros. O Centro Galego de Arte Contemporánea acollía esta mañá en Santiago a presentación do encontro, que se desenvolverá en diferentes espazos monumentais de todo o país entre o 8 de setembro e o 27 de outubro vindeiros. A nivel musical, o programa contará coa presenza de formacións internacionais como Il Combattimento, Gothic Voices ou The Delightufl Companion. Canda a eles, Marcos Teira, DandyLady, Caxade ou Música Acordada amosarán os seus traballos en contornos monumentais.

A iniciativa conta desta volta cunha especial presenza do patrimonio industrial, como fábricas de salgadura, Sargadelos ou o Museo Massó entre os seus escenarios. As actuacións serán de balde, aínda que é necesario realizar reservas previas.

Espazos Sonoro semella así ter estabilizado a súa dimensión logo dos sucesivos recortes que nos últimos anos realizou a Consellaría de Cultura no alcance do programa e que o levaron a pasar de 88 actuacións por todo o país às 21 de 2010, as 27 de 2011 ou as 12 da edición do pasado ano.