Ti estás aquí > Inicio / / A Sinfónica de Galicia recibirá un 4 por cento menos para este 2013
A Sinfónica de Galicia recibirá un 4 por cento menos para este 2013
xaneiro 23, 2013
Lonxe queda xa o aquel orzamento de 13, 6 millóns de euros que a Orquestra Sinfónica de Galicia recibiu en 2009. Catro anos despois, a partida da que disporá ascende a 9.1 millóns. A Xunta, a deputación, o concello da Coruña e as empresas privadas que financian o Consorcio para a promoción da música rebaixaron a súa asignación que a entidade pretende paliar incrementando o número de concertos. Concretamente en Vigo, onde grazas a un acordo recente coa Fundación Novacaixagalicia contará co auditorio García Barbón para realizar as súas actividades.