Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ouvirmos presenta Guitarra Clásica Galega

SAMUEL DIZ INTERPRETA PEZAS COMPOSTAS DESDE OS ANOS 30 ATA OS NOSOS DíAS

Ouvirmos presenta Guitarra Clásica Galega

CLáSICA/LíRICA | decembro 14, 2012

guitarra_clasica_Samuel_Diz.jpg

Dezaseis composicións para guitarra clásica feitas por autores galegos desde os anos 30 ata os nosos días. O selo Ouvirmos continúa co seu traballo de recuperación do patrimonio musical do país con Guitarra Clásica Galega, un disco no que Samuel Diz é o encargado de interpretar dezaseis temas de autores como Rosa García Ascot, Jesús Bal y Gay, Frederic Mompou, José Chás, Oswaldo Oro ou Paco Barreiro entre outros. O álbum, lanzado coa colaboración da Consellaría de Cultura, preséntase cun concerto ás sete desta tarde no Museo do Mar.

AUDIO
Pastoral de Guitarra clásica galega
datos do disco