Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Banda Crebinsky volta con Jet Lag

OS SONS BALCáNICOS PREDOMINAN NA NOVA PROPOSTA DO GRUPO

Banda Crebinsky volta con Jet Lag

FUSIóN | setembro 24, 2012

jet_lag_crebinsky.jpg

Naceron para interpretar a banda sonora do filme Crebinsky e continuaron a súa carreira nos escenarios coa xira Universo Crebinsky. Agora, a Banda Crebinsky amosa a súa vontade de seguir co traballo e presenta Jet Lag, un álbum de doce temas no que, baixo unha forte influencia da música tradicional balcánica, se mesturan estilos e linguas, con achegamentos á chanson francesa, ao folk ou á música klezmer. Editado por Boa Music, o disco preséntase co vídeo Un piatto dirixido por Enrique Otero. A banda capitaneada por Pablo Pérez e o bielorruso Vadim Yukhnévich anuncia unha xira de presentación para este outono.

VIDEO
Un piatto, primeiro single do novo traballo de Banda Crebinsky
datos do disco