Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Zënzar presenta Vaise armar

TRECE PEZAS DE ROCK CON LETRAS COMBATIVAS COMPOñEN A OBRA

Zënzar presenta Vaise armar

ROCK | maio 8, 2012

zenzar_vaise_armar.jpg

A sala Josfer de Ordes acollía o pasado sábado a presentación de Vaise armar, o sexto traballo de Zënzar. O disco autoeditado supón, segundo o grupo, un traballo maduro musicalmente e aberto a ritmos que se foron incorporando ao seu repertorio. Rock con letras combativas que teñen en moitos casos na crise económica e nos recortes sociais o seu eixe. Loli Nogueira colabora co grupo no tema Contigo e sen ti, e queda espazo para que a banda bote a vista á súa traxectoria en Todo vai ben. O MySpace do grupo achega unha selección dos temas para a súa escoita en liña.

A Iguana en Vigo (12 de maio), a Karma en Pontevedra (día 18) e o Aturuxo de Bueu (día 20)son as vindeiras paradas das xira de presentación do novo traballo.

MULTIMEDIA
Vídeo de presentación de Vaise armar
datos do disco