Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Zënzar vai polo dez con Camiñando entre serpes

A BANDA PRESENTA O SáBADO 9 O SEU NOVO TRABALLO EN ORDES

Zënzar vai polo dez con Camiñando entre serpes

ROCK | maio 5, 2015

caminhando_serpes_zenzar.jpg

Once novos temas de rock reivindicativo e poesía urbana. A banda decana do rock en galego, Zënzar, chega ao seu décimo álbum con Camiñando entre serpes. No novo traballo, gravado nos estudios de Javier Abreu, a banda achega un son máis directo que se gravou ao vivo. Temas como Cortina a versionar un poema de Díaz Castro, Nada que perder ou A xente fala adiantan un traballo que está xa dispoñible na rede e que conta coas colaboracións de José M. Ares á gaita e de Xenderal á voz e ao beatbox.

A Sala Josfer en Mesón do Bento, en Ordes, acolle este sábado 9 a presentación do novo traballo, nun concerto no que o grupo estará acompañado por Os do Xalo e mais por Xenderal.


datos do disco