Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A Sinfónica infantil de Nigrán ofrece un concerto para pedir o apoio do concello

OS PAíS BARALLAN A CONSTITUCIóN DUNHA ASOCIACIóN PARA A SúA PERVIVENCIA

A Sinfónica infantil de Nigrán ofrece un concerto para pedir o apoio do concello

CLáSICA/LíRICA | decembro 23, 2011

imaxe non dispoñible

Leva seis anos de funcionamento, conta con 48 membros e corre o risco de desaparecer. A Sinfónica infantil de Nigrán ofreceu onte un concerto, pero ás portas do consistorio municipal. No seu interior a corporación celebraba un pleno no que, entre outras cousas, rexeitaron manter desta actividade no marco da oferta cultural do concello. Ademais do concerto improvisado, os país anunciaron a súa intención de fundar unha asociación que garantise a súa superviviencia e que podería optar as axudas para entidades culturais do concello.