Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O galego campa achegará a música en galego aos campamentos de verán

A INICIATIVA ARTéLLASE ARREDOR DO DISCO DESAPARAFUSADOR DE GOMINOLA

O galego campa achegará a música en galego aos campamentos de verán

MISCELáNEA | xuño 28, 2011

not_19191.jpg

Achegar o galego aos campamentos de verán que organiza a Xunta este verán. Esta é a proposta de O galego campa, a iniciativa que a Dirección Xeral de Política Lingüística presentaba esta mañá. A proposta, destinada a rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos artéllase a partir do disco Desaparafusador de gominola, no que participan artistas como Pedro e Pablo Pascual, Guadi Galego, Najla Shami, Ramón Bermejo, Germán Díaz ou Quim Farinha interpretando temas de diferentes estilos. A partir do CD a campaña propón unha serie de actividades lúdicas que pretenden favorecer a expresión oral e escrita na nosa lingua dentro de dinámicas colectivas. O disco está dispoñible integramente e coas súas letras no web de Política Lingüística.

datos do disco