Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Talabarte presenta o seu primeiro disco de música tradicional contemporánea
Talabarte presenta o seu primeiro disco de música tradicional contemporánea
xuño 16, 2011
Música acústica que parte da tradición contemporánea, esta é a aposta de Talabarte, unha formación que presenta agora o seu primeiro disco. Tangos, folk, jazz ou a música popular galega e europea mestúranse nun proxecto que conta con tres pesos pesados do actual panorama folk no país: O violín de Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane). O disco, que achega catorce temas, estará dispoñible tanto en formato físico como de xeito electrónico, a partir do vindeiro 20 de xuño.
Tamén che pode interesar:
- 15/ 1/ 2018 | Os gaiteiros lanzan o podcast semanal Rumboia
- 19/ 10/ 2016 | Talabarte presentan Fake un libro-disco de historias e músicas incertas
- 12/ 11/ 2014 | Los Santos atacan con Mátame camión
- 9/ 8/ 2013 | Bicos, abrasos e apalpasos é o debut de Ludovaina
- 11/ 2/ 2013 | Milesios presenta 'Alén Mar'