Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Talabarte presentan Fake un libro-disco de historias e músicas incertas

O TRíO PARTICIPA HOXE DO OPENING CONCERT DO WOMEX

Talabarte presentan Fake un libro-disco de historias e músicas incertas

FOLK | outubro 19, 2016

not_26761.jpg

"Cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo do Tradincerto, e descubriron unha serie de historias que espertaron o seu interese e fascinación". Así se presenta Fake, o novo libro-disco de Talabarte, que verá a luz o 18 de novembro. Co fío condutor desas historias que non se sabe canto teñen de real e canto non, compilan ritmos bailables da tradición europea, e mesmo de alén do Atlántico: mazurcas, schottish, milongas, polskas ou tarantellas. O trío formado en 2004 por Quim Farinha (violino), Kin García (contrabaixo) e Pedro Pascual (acordeón diatónico) presenta o seu segundo traballo discográfico que estará disponible a partires do 18 de novembro en formatos físicos e dixitais. Temas de este novo traballo poderán escoitarse hoxe mesmo no Opening Concert que abre o WOMEX en Santiago e no que estará o trío como parte da representación da música galega, xunto ao Cuerteto Caramuxo, ante os profesionais acreditados na feira. O libro-disco xira en torno a "fakes" históricos, sae á venda nun gran formato: un CD de 12 temas que vai insertado nun libro de 33x33cm de 50 páxinas con ilustracións de Pablo Pastor e textos de Carlos Meixide.

datos do disco
Ligazóns