Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ouvirmos edita a fotobiografía de Lois Pereiro

A OBRA INCLúE CEN IMAXES DO AUTOR E DOUS CDS COA SúA VOZ E POEMAS MUSICADOS

Ouvirmos edita a fotobiografía de Lois Pereiro

MISCELáNEA | decembro 22, 2010

not_18096.jpg

Lois Pereiro, autor homenaxeado no vindeiro Día das Letras, é a nova incorporación á colección de fotobiografía sonoras que edita Ouvirmos. A obra comprende unha ampla biografía elaborada polo irmán do poeta, o xornalista Xosé Manuel Pereiro ilustrada con preto de cen fotos tirada dos seus álbums familiares. Ademais, o pacote inclúe dous CDs, nun dos cales se pode escoitar a propia voz de Pereiro nunha entrevista que lle realizara pouco antes do seu falecemento Ana Romaní. O segundo CD inclúe unha selección dos seus poemas musicados por Manu Clavijo, Alexandro González, Fanny+Alexander, Nación Reixa e Radio Océano. Xurxo Souto asina o comentario de cada unha das cancións así como o artigo “A calma tensa”, no que analiza a relación de Lois coa música.Un artigo de Lino Braxe completa a obra.

datos do disco