AS VOTACIóNS DOS INTERNAUTAS ESCOLLERON LONXE DA PRAIA, DE LOLO ARINCó
A Banda de Balbina faise co A polo Ghit 2009
setembro 1, 2009
O fillo do mar é o tema co que A Banda de Balbina gañou a edición 2009 do certame A polo Ghit. O xurado deste concurso, organizado pola Radio Galega e Vieiros seleccionou a canción entre dez finalistas. Pola banda das votacións populares, foi Lonxe da praia, de Lolo Arincó, o tema que conseguiu máis apoios. En total fixeron parte do concurso case sesenta temas, todos eles en galego.