Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A canción Boogie Vigo de AÍD é o Tema da semana na sección latina de iTunes
A canción Boogie Vigo de AÍD é o Tema da semana na sección latina de iTunes
xullo 31, 2009
iTunes, a tenda de música máis importante do mundo, escolleu “Boogie Vigo” como “Latino Single of the Week”, o que permitiu que o nome da rapeira de Vigo, con apenas 19 anos, destaque na portada da popular sección latina xunto a artistas consagrados como Nelly Furtado, Bebe, Shakira, Manu Chao, etc. A sección latina de iTunes, cunhas vendas que superan as 4.000 cancións por minuto, ten unha ampla repercusión internacional e permite que millóns de persoas poidan achegarse á súa música. Malia que esta sección non está dispoñible en España, si o está nos países que máis usuarios aportan a iTunes: EEUU, U.K., Australia, Canadá, Francia, Xapón, Holanda e Suíza. iTunes destaca nunha páxina especial dedicada a esta promoción o feito de que AíD emprega nas letras do disco Jugando tanto o castelán como o galego, e que estamos ante unha proposta auténtica, lonxe dos artificios das elaboradas propostas de marketing que dominan a escena musical. Jugando (autoedita-licor kafé, 09) está distribuído en todo o mundo por Lonxa Cultural.