Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cultura compromete o seu apoio á Orquestra Gaos

VARELA QUERE INTEGRAR A FORMACIóN RECéN NADA NA PROGRAMACIóN DO XACOBEO

Cultura compromete o seu apoio á Orquestra Gaos

CLáSICA/LíRICA | xullo 15, 2009

imaxe non dispoñible

A orquestra Gaos, que reúne 150 músicos de entre 15 e 25 anos, presentouse onte na Coruña con bo pé. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, comprometeu o apoio do seu departamento á nova formación, sinalando que "queremos facer algo con eles no vindeiro Xacobeo e, na medida do posible, levalos de xira dentro do Via Stellae ou outros festivais". Varela amosou o seu interese en integrar a orquestra nos circuítos de música clásica do país e comparou o compromiso coa mesma cos apoio que a Xunta xa mantén coa Sinfónica de Galicia e coa Real Filharmonía.