Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Sinfónica de Galicia interpreta a suite dunha ópera inédita de Andrés Gaos

DOSIER: GAOS

A Sinfónica de Galicia interpreta a suite dunha ópera inédita de Andrés Gaos

CLáSICA/LíRICA | decembro 19, 2008

imaxe non dispoñible

Amor vedado é o título dunha ópera inédita de Andrés Gaos que a Sinfónica de Galicia recupera no Teatro Colón da Coruña. A suite desta peza fai parte do programa dos concertos de Nadal que a formación ofrece hoxe e máis mañá e que contará coa presenza da soprano vasca Ainhoa Arteta. A peza abre os actos de conmemoración do 50 aniversario da morte dun dos compositores galegos máis recoñecidos. Descúbreo neste dosier.

Sinfónica bautizou o 2009 como “Ano Gaos”
A OSG dedicará o 2009 a lembrar a obra do compositor Andrés Gaos

Coñece a vida e obra deste compositor
O legado de Andrés Gaos, un dos principais compositores galegos corre o risco de acabar en Estados Unidos

Gaos é un referente nas programacións da OSG
A Orquestra Sinfónica de Galicia celebra os seus quince anos centrándose na música galega

A formación viguesa tamén ten interpretado pezas inéditas
A Sinfonieta de Vigo presenta unha sinfonía inédita de Andrés Gaos