Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Carlos Núñez descobre Brasil

O úLTIMO DISCO DO GAITEIRO ACHéGASE áS FORMAS MUSICAIS DA OUTRA BANDA DO ATLáNTICO

Carlos Núñez descobre Brasil

FOLK | xuño 15, 2009

not_14917.jpg

"En Brasil atopei unha Galicia do futuro", resume Carlos Núñez a experiencia suramericana da que naceu Alborada de Brasil. O último disco do gaiteiro vigués, que sae hoxe á venda, mergúllase nos sons do xigante da lusofonía e conta con colaboracións de luxo. Lenine, Carlinhos Brown ou Adriana Calcanhotto, entre outros, suman as súas achegas ás interpretacións do galego. O proceso de elaboración supuxo para Núñez toda unha viaxe iniciática que, segundo asegura, deixará pegada na súa música e que se poderá seguir nun vindeiro documental. O propio artista explícanos ese seu descubrimento do Brasil, e achéganos unha mostra da súa música.

AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Carlos Núñez. Alborada de Rosalía
AUDIO
Carlos Núñez fala sobre o disco
datos do disco