Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un estudo cuantifica en cinco millóns os ingresos que xenera o Festival de Ortigueira

A VINDEIRA CITA TERá LUGAR DO 9 AO 12 DE XULLO

Un estudo cuantifica en cinco millóns os ingresos que xenera o Festival de Ortigueira

FOLK | xuño 8, 2009

imaxe non dispoñible

É unha das citas de referencia do circuíto do folk de toda Europa. Pero, á marxe da repercusión musical do evento, o Festival de Ortigueira xera cinco millóns de euros á comarca entre os ingresos directos (os propios do festival), indirectos (principalmente os hostaleiros, que implican postos de traballo) e os inducidos (que atenden ao turismo e que inclúe, por exemplo, a xente que volve á comarca). Así o revela un estudo de impacto económico encargado polo concello da vila e que desenvolveu a Cámara de Comercio de Ferrol. O estudo conclúe que é o “principal motor turístico e económico da comarca”. Mentres tanto, xa está en marcha a vindeira edición (a número 25) que se celebrará do 9 ao 12 de xullo.