Roberto Varela anuncia un conservatorio folk en Lalín
maio 25, 2009
O traslado do equipo do Conservatorio Folque de Lalín para a Central Folque de Santiago de Compostela deixara a capital dezana sen o seu centro de ensino de música tradicional. No entanto, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciou este sábado a apertura dun novo espazo dedicado á formación neste ámbito en Lalín. A intención de Varela é "convertir este pobo no centro de referencia de Galicia en música" atendendo á solicitude que o rexedor local, Xosé Crespo, lle fixera neste sentido. Do mesmo xeito, Varela garantiu apoio para outras iniciativas locais coma a banda de música, a declaración do Pazo de Liñares coma Ben de Interese Cultural ou a creación dun centro dedicado ás artes visuais.
Tamén che pode interesar:
- 12/ 9/ 2008 | O Conservatorio Folque trasládase en Santiago para ampliar o seu proxecto musical
- 30/ 1/ 2008 | O Concello de Lalín busca un novo equipo para as clases do conservatorio folk
- 19/ 11/ 2007 | Lalín oferta 62.000 euros para manter o Conservatorio Folque en 2008
- 12/ 7/ 2007 | O alcalde de Lalín reclama a Cultura que participe no financiamento do Conservatorio Folque
- 8/ 10/ 2004 | Preséntase o novo curso do Conservatorio Folque de Lalín mentres La Opinión entrega o seus premios musicais