Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O alcalde de Lalín reclama a Cultura que participe no financiamento do Conservatorio Folque
O alcalde de Lalín reclama a Cultura que participe no financiamento do Conservatorio Folque
xullo 12, 2007
Xosé Crespo, alcalde de Lalín, solicitou onte por segunda vez á Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural a coparticipación da Xunta de Galicia nos gastos de financiamento do Conservatorio Folque da localidade, fundado no ano 2000. Segundo Crespo, "resúltanos cada vez máis complicado manter un centro único en Galicia no ensino da música tradicional galega". A alcaldía solicita da Consellería de Cultura unha achega de 24.000 euros, que corresponderían ao financiamento da metade do custe anual dos docentes.
Máis información en La Voz de Galicia
Tamén che pode interesar:
- 25/ 5/ 2009 | Roberto Varela anuncia un conservatorio folk en Lalín
- 12/ 9/ 2008 | O Conservatorio Folque trasládase en Santiago para ampliar o seu proxecto musical
- 3/ 7/ 2008 | A Asociación de Gaiteiros Galegos xestionará a escola de música tradicional de Lugo
- 30/ 1/ 2008 | O Concello de Lalín busca un novo equipo para as clases do conservatorio folk
- 19/ 11/ 2007 | Lalín oferta 62.000 euros para manter o Conservatorio Folque en 2008