Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A 37 edición do Festival de Música de Lugo programa música para bebés
A 37 edición do Festival de Música de Lugo programa música para bebés
abril 24, 2009
Hoxe comeza na igrexa lucense de San Pedro a XXXVII edición da Semana do Corpus integrado no Festival de Música Cidade de Lugo. Un encontro que este ano conta, como principal novidade, dun concerto para bebés (de entre 0 e 3 anos) que interpretará pezas do período barroco mesturadas con músicas populares ademais de cantos de berce. Canda isto, os 18 concertos que compoñen o programa desta ocasión prestan especial atención aos compositores Purcell, Hayden e Händel. Todas as actividades serán de balde e desenvólvense en diferentes escenarios da cidade das murallas.
Tamén che pode interesar:
- 23/ 2/ 2015 | Os concertos voltan ao Cultura Quente de Caldas en 2015
- 6/ 6/ 2013 | En marcha o Festival de Música Cidade de Lugo
- 11/ 5/ 2012 | O Festival de Música Cidade de Lugo fai 40 anos
- 2/ 6/ 2006 | O Xacobeo presenta os 43 concertos “Vía Stellae”, o festival que substitúe ao Festival de Música de Galicia
- 14/ 11/ 2005 | Santiago e Lugo acollen esta semana unha nova edición dos seus festivais de Jazz