Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O instrumentista Pancho Álvarez presenta Sólidos Galicianos

XA ESTá A VENDA EN FORMATO DIXITAL ANTES DE CHEGAR áS TENDAS

O instrumentista Pancho Álvarez presenta Sólidos Galicianos

FOLK | febreiro 25, 2009

not_14159.jpg

O terceiro disco do multiinstrumentista porriñés Pancho Álvarez está xa dispoñible para mercar en formato dixital, previamente á distribución do CD a través da tenda en liña de PAI Música. Sólidos Galicianos é o primeiro disco que Álvarez edita con PAI Música e nel ofrece trece pezas coas que o artistas se mergulla nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades. O artista, especialista en instrumentos de corda, deuse a coñecer como violinista do grupo “Na Lúa” a comezos dos 80 formando parte despois do grupo Matto Cóngrio e da formación de acompañamento e gravación de Carlos Núñez. O seu anterior disco en solitario foi Nas Cordas, publicado en 2001 con BOA. O título deste novo traballo fai referencia a unha moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia.

datos do disco
Ligazóns