Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Vetusta Morla encabeza a parte rock do cartel musical da Festa do Queixo de Arzúa

UXíA E O TRíO VAAMONDE, LAMAS & ROMERO PROTAGONIZAN A XORNADA DO DOMINGO

Vetusta Morla encabeza a parte rock do cartel musical da Festa do Queixo de Arzúa

MISCELáNEA | febreiro 12, 2009

imaxe non dispoñible

O programa musical desta trixésima cuarta Festa do Queixo de Arzúa presenta un ano máis un suculento menú encabezado por Vetusta Morla, un dos grupos revelación do Estado. Premio á Mellor Proposta Musical que outorga TVE Miradas 2, segundo Mellor Álbum Top’08 de MTV, Premio Ojo Crítico de Música Moderna de RNE, Mellor Grupo Revelación Nacional de EP3 ou Mellor Canción Nacional de Mondosonoro, son algúns dos numerosos premios que avalan o seu traballo, ademais veñen de ser nomeados en tres categorías diferentes aos Premios da Música 2009. O seu concerto será o día 14, no ecuador da festa, e estarán precedidos pola actuación da banda de rock Le Punk, que presentan o seu disco Mátame, un cóctel de tango, blues e folclore balcánico. Nese mesmo día durante o serán dirimirase a final do 1ª Concurso de Maquetas Queixo Maquetón a través da actuación dos tres grupos finalistas, Bleach, Eric Bonafonte e os vigueses Meryland que amosarán en directo todo o seu potencial. Ao día seguinte, domingo 15, será o momento da música galega coas actuacións de Uxía, presentando en directo ás 19 horas o seu último disco Eterno navegar e ás 21 horas o trío Vaamonde, Lamas & Romero sóbense ao escenario para ofrecer a particular visión da música popular que dan no seu primeiro disco Vellas Artes (Falcatruada)