Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O acordeón de Andrés Penabad volta con Bipolar

AS PONTES E ARZúA ACOLLEN ESTA FIN DE SEMANA OS PRIMEIROS CONCERTOS DE PRESENTACIóN

O acordeón de Andrés Penabad volta con Bipolar

FOLK | marzo 4, 2016

bipolar_andres_penabad.jpg

É o único acordeonista folk galego que apostou por unha carreira en solitario. A apontoar esa traxectoria, Andrés Penabad acaba de presentar Bipolar, o seu segundo traballo. O disco recolle dez cortes nos que se mesturan composicións do propio Penabad, temas feitos por Fernando Barroso e dúas pezas tradicionais. O proxecto contou con colaboracións das cantareiras Lilaina e de Pablo Vergara, Ramón Dopico e Álvaro Trillo nas percusións. Un concerto este sábado ás 21 horas no Auditorio Municipal Cine Alovi marcará o comezo da xira de presentación, que o levará este mesmo domingo á Arzúa, onde o acordeonista actuará na Festa do Queixo contra as seis das tarde..

datos do disco