Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Alén estréase na longa duración con Volver a nacer

A BANDA DE ROCK ESTá FORMADA POR MúSICOS DE RODEIRO E CHANTADA

Alén estréase na longa duración con Volver a nacer

ROCK | febreiro 10, 2009

not_14038.jpg

Os chantadinos Alén sacan ao mercado estes días o seu primeiro disco longo Volver a nacer, anteriormente xa editaran Simplemente (2006), unha DEMO da que chegaron a distribuír 1000 copias. O disco que chega agora ás tendas inclúe trece temas, dous deles duplicados en versións galega e castelá, un making of da gravación e un libreto de 24 páxinas, obra do artista e deseñador José María Picón, que recolle a persoal atmosfera da "viaxe de experimentación a través do rock contemporáneo" proposta por Alén. Gravado entre os meses de novembro de 2007 e novembro de 2008 nos estudios Pousada Son (Ames) e os Océano Estudios (Nigrán) a produción técnica estivo baixo o control en todo momento de Javier Abreu . Nos temas do disco o cuarteto de Chantada quixeron deixar constancia das súas diversas influencias musicais, “dentro dos parámetros da música rock”. A banda pon á venda a súa ópera prima mediante o seu My Space e páxina web oficiais; tamén estará en Tendas Tipo, Discos Castelló, Media Market e Fnac, e desde Alén fan animan a todo o que teña un exemplar orixinal a poñelo na rede a disposición do público que queira descargalo gratuitamente.

datos do disco
Ligazóns