Chega o VII Festival Sinsal
xaneiro 23, 2009
A sétima edición do Festival Sinsal xa está en marcha. O MARCO de Vigo acollerá o triple concerto de Evangelista, Sir Richard Bishop, Ches Smith o vindeiro 1 de febreiro. Para o 20 de xuño está prevista en Vigo a actuación dos africanos Konono nº1 nun espazo aínda sen confirmar.
Como grande novidade, a edición deste ano inclúe por primeira vez unha extensión das actividades ao Fórum Metropolitano da Coruña, onde se poderá ver, o 30 de marzo, a Françoiz Breut. Amplíanse tamén as actividades previstas no Saló Teatro de Santiago, que contará coa presenza de Jeremy Jay o 8 de febreiro. A maiores, a organización anunciou que para o verán as actividades do festival desenvolveranse na Illa de San Simón.
Tamén che pode interesar:
- 22/ 4/ 2014 | O Festival Sinsal medra
- 13/ 6/ 2013 | Sinsal volve convocar o seu festival sen anunciar o programa
- 4/ 4/ 2012 | O Festival Sinsal chega á súa décima edición
- 13/ 2/ 2008 | Ritmos brasileños enchen o concerto de inverno do Festival Sinsal
- 18/ 9/ 2007 | A innovación musical centra as últimas citas do festival Sinsal 2007