Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Catedral de Santiago acolle a representación do Ordo Prophetarum, un drama litúrxico medieval

O ESPECTáCULO COMEZARá áS 22H. NO PóRTICO DA GLORIA

A Catedral de Santiago acolle a representación do Ordo Prophetarum, un drama litúrxico medieval

ANTIGA | decembro 30, 2008

imaxe non dispoñible

Hoxe ás 22h. poderase asistir na catedral de Santiago a un espectáculo único: a representación anual do Ordo prophetarum, a Profesión dos profetas. É un drama litúrxico do século XII que se representaba na época medieval nas catedrais e igrexas de Europa. Durante unha hora e media, músicos e cantantes vestidos coas figuras e réplicas dos instrumentos do Pórtico da Gloria representarán esta vella obra musical. Un equipo de especialistas en música medieval dirixido por Francisco Luengo e composto por músicos das agrupacións Malandança, Rosa Antigua, Ars Combinatoria e a Capela Musical da Catedral de Santiago interpretarán esta obra. Se non podes asistir, aquí podes ver a gravación que o CCG realizou dunha das primeiras representacións que se fixo na Catedral de Santiago.

VIDEO

Precisas o Flash Player para ver o video.