Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O son dos órganos dos templos de Santiago nunha nova colección de discos
O son dos órganos dos templos de Santiago nunha nova colección de discos
maio 9, 2007
As gravacións de nove órganos das igrexas da capital galega conformarán nos vindeiros catro anos unha colección de sete discos presentada co gallo do Compostela Organum Festival no que grandes intérpretes tocan estes instrumentos dos templos composteláns. O director da colección, Bruno Forst, abriu como intérprete a edición deste ano o día cinco na igrexa das Ánimas e o concertista Eric Brottier pechará o festival o vindeiro día vinteseis en San Paio de Antealtares. O festival está organizado polo Consorcio de Santiago e a Asociación Musical Berenguela mentres que a colección de discos é un proxecto do Concello en colaboración coa Asociación para a Promoción da Música (ACTUS, que foi a mesma en levar adiante a gravación do Ordo Prophetarum.
Máis información en Compostela Cultura