O disco en solitario de Roi Casal sae á venda hoxe
novembro 24, 2008
Desde hoxe xa está dispoñible nas tendas o disco Lendas Douradas, primeiro en solitario do arpista de Milladoiro. O álbum editado por PAI Música recolle 12 temas maioritariamente cantados e compostos por Roi Casal, malia que tamén déixase escoitar a voz de Silvia Ferre nalgunhas cancións. Hai, no repertorio que ofrece o disco, unha variedade de matices musicais, que van desde a virtuosidade de Casal na arpa en temas como Fandango e Recordos da infancia ata a presenza do rock eléctrico en temas como Inimigos ou, en menor medida, Noite de San Xoán. A revisión do folk popular e mesmo do cancioneiro medieval tamén teñen cabida en Lenda Dourada No capítulo das letras cabe destacar o protagonismo das achegas poéticas de Manuel María e Rosalía de Castro ao disco.
Tamén che pode interesar:
- 6/ 3/ 2018 | Luz Casal refresca o seu rock en 'Que corra el aire'
- 20/ 9/ 2006 | O ex-Piratas Fon Román presenta o seu primeiro disco en solitario
- 21/ 8/ 2006 | Iván Ferreiro anuncia a inminente saída do seu segundo disco en solitario
- 31/ 10/ 2005 | Luz Casal leva o seu último traballo a América, continente que inspira o novo de Luar na lubre