Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Berrogüetto e Malvela exportan concertos para os dous hemisferios de América

MALVELA E BERROGüETTO FAN AS AMéRICAS

Berrogüetto e Malvela exportan concertos para os dous hemisferios de América

FOLK | abril 24, 2008

imaxe non dispoñible

As cantareiras Malvela inician este días a súa primeira xira transoceánica partindo o sábado cara Arxentina onde actuarán presentando as cancións do seu disco “Da miña xanela á túa “ (PAI, 2007). As cantoras de Sanguiñeda, con idades entre os 26 e os 82 anos, actuarán no Coñexio Santiago Apostol, no Centro de Residentes de Mos e no Teatro bambalinas de Buenos Aires. Na súa xira estarán acompañadas pola cantante Uxía. E entrando polo Norte do continente tamén inician xira internacional os Berrogüetto coa súa renovada formación. En México actuará nun dos teatros con máis solera do país: o Teatro Degollado na cidade de Guadalajara; será o 1 de maio. A continuación participará durante dous días na Feira de San Marcos, en Aguascalientes, o día 3 de maio no Teatro del Pueblo e o día 4 no Pabellón de España ubicado na citada feira. A seguinte parada neste periplo será Irlanda, país ó que acudirá para presentar o seu traballo en dúas cidades: Ennis, no Glòr Music Center o día 9 de maio, e Baltimore, dentro do Baltimore Fiddle Festival o 10 do mesmo mes.