Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Comeza o programa de concertos Vai de Camiño organizado polo Xacobeo

PRIMEIRO PASO NO CAMIñO

Comeza o programa de concertos Vai de Camiño organizado polo Xacobeo

MISCELáNEA | maio 31, 2007

not_10070.jpg

Desde o primeiro de xuño e ata finais de setembro case 120 actuacións están programadas nas vilas polas que pasan os oito camiños recoñecidos a Compostela. As localidades de Vilagarcía e Boqueixón acollerán este venres os concertos inaugurais do programa con Berrogüetto e Leilía respectivamente. Haberá concertos nas vilas atravesadas pola Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, a Vía da Prata, o Camiño Inglés, o Camiño Portugués, o Camiño Primitivo, o Camiño Norte, o Camiño de Fisterra-Muxía e no Camiño Francés. Grupos e artistas de todos os estilos como The Homens, Fía Na Roca, Marful, Siniestro Total, Malvela, Uxía, Sete Saias, Xabier Díaz, Samesugas, Narf ou Mercedes Peón tamén tocarán nalgún dos moitos concertos deste percorrido artístico que inclúe tamén actuacións de maxia e pasarúas nestas máis de cen localidades polas que transcorre.

Máis informacíón no Xacobeo