Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Cuarteto Caramuxo de Salvaterra gaña o certame Festival Folk Cancioneiros

OS CLARINETES LEVAN O PREMIO

O Cuarteto Caramuxo de Salvaterra gaña o certame Festival Folk Cancioneiros

FOLK | marzo 14, 2008

not_11769.jpg

A orixinal proposta dun cuarteto formado por seis músicos alzouse con premio do Festival Folk Cancioneiros convocado pola Fundación Barrié de la Maza. O Cuarteto Caramuxo de Salvaterra do Miño, integrado por catro clarinetistas, acordeón e percusión, acadou a unanimidade do xurado, que valorou a súa orixinalidade, a coidada posta en escena e a calidade do tratamento dos temas procedentes do Cancionero Gallego e do Cancionero Musical de Galicia, editados pola Fundación Barrié. Os gañadores recibirán un premio de 6.011 euros, a gravación dun disco e a participación no concerto que ofrecerá a Fundación Barrié o vindeiro 17 de maio no auditorio de Palexco, compartindo escenario con Milladoiro. O xurado tamén propuxo á Fundación Barrié facer unha mención especial, pola calidade dás súas propostas musicais, das formacións finalistas Covalblú, Jacobo de Miguel & Pedro Lamas e Quenda Folk.