Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Uxía Senlle presenta en concerto o seu novo disco en Compostela

UXíA EMBáRCASE CUN NOVO DISCO

Uxía Senlle presenta en concerto o seu novo disco en Compostela

MELóDICA | marzo 14, 2008

not_11768.jpg

Con “Eterno navegar” Uxía Senlle, máis coñecida só por Uxía, presentou o seu quinto disco en solitario esta semana aos medios e mañá fará o propio ao público en xeral. Composicións de letra e música propias mestúranse con interpretacións sobre poemas de Celso Emilio ou Curros Enríquez. No seu espectáculo estarán presentes, de igual xeito que no disco, a poesía, a fotografía e outras linguaxes de expresión artística. O álbum gravouse en Sintra (Portugal) e para el contou con diversas colaboracións como a de Paulo Borges, Ugía Pedreira, Guadi Galego, Quim Farinha, Anxo Pintos, Manecas Costa, Filipa Pais e Rui Veloso entre outros. Durante a actuación deste fin de semana no Ciclo Sons da Diversidade de Compostela, Uxía estará acompañada por algúns destes colaboradores. En “Eterno Navegar” a voz de Uxía percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos, partindo da tradición e das atmosferas da súa orixe. O disco está editado pola discográfica francesa Harmonía Mundi.

datos do disco