Uxía Senlle presenta en concerto o seu novo disco en Compostela
marzo 14, 2008
Con “Eterno navegar” Uxía Senlle, máis coñecida só por Uxía, presentou o seu quinto disco en solitario esta semana aos medios e mañá fará o propio ao público en xeral. Composicións de letra e música propias mestúranse con interpretacións sobre poemas de Celso Emilio ou Curros Enríquez. No seu espectáculo estarán presentes, de igual xeito que no disco, a poesía, a fotografía e outras linguaxes de expresión artística. O álbum gravouse en Sintra (Portugal) e para el contou con diversas colaboracións como a de Paulo Borges, Ugía Pedreira, Guadi Galego, Quim Farinha, Anxo Pintos, Manecas Costa, Filipa Pais e Rui Veloso entre outros. Durante a actuación deste fin de semana no Ciclo Sons da Diversidade de Compostela, Uxía estará acompañada por algúns destes colaboradores. En “Eterno Navegar” a voz de Uxía percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos, partindo da tradición e das atmosferas da súa orixe. O disco está editado pola discográfica francesa Harmonía Mundi.
Tamén che pode interesar:
- 15/ 12/ 2016 | María Fumaça trae Aire co seu novo disco
- 16/ 12/ 2015 | Cantos na Maré volta con "forzas renovadas"
- 5/ 6/ 2015 | Ardentía convida a avanzar na música tradicional con Adiante
- 2/ 6/ 2015 | Uxía e Narf cantan xuntos as Baladas da Galiza Imaxinaria
- 18/ 3/ 2015 | Ruxe-Ruxe traenos Un mundo perfecto