Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Fundación Barrié presenta a edición crítica do “Cancioneiro musical de Galicia”

A CANTAR COA BARRIé

A Fundación Barrié presenta a edición crítica do “Cancioneiro musical de Galicia”

FOLK | xaneiro 30, 2008

imaxe non dispoñible

“O cancioneiro musical de Galicia”, de Casto Sampedro, unhas das principais escolmas que sobre a nosa música tradicional se fixo no século XX, xa ten edición crítica. A Fundación Barrié acaba de publicar unha revisión deste importante volume dentro do seu proxecto “Cancioneiros”, no que está a recuperar distintas obras deste tipo. A nova obra recolle máis 500 composicións populares coas súas correspondentes partituras.