Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Juan Rivas participa con dous temas de “Mundo feliz” na banda sonora da película Babykiller

RIVAS CANTA ATA NO CINE

Juan Rivas participa con dous temas de “Mundo feliz” na banda sonora da película Babykiller

POP | setembro 14, 2007

not_10626.jpg

O músico vigués Juan Rivas segue mantendo de actualidade o seu disco “Mundo feliz”(Pop&Co, 2007) que presentou por todo o estado acompañado da banda Donatore di Groove. O cantante foi contactado polo director de cine Miguel Martí, que despois de asistir a un concerto decidiu inserir na súa película “Barbykiller” dous temas deste disco e mesmo a aparición de Rivas na longametraxe, próxima a estrearse. O novo vídeo do tema “Como un tonto” cantado a dúo con Germán Coppini inclúe xa imaxes da película e dos seus protagonistas: César Camino e Macarena Gómez.

Vídeo de Como un tonto"