Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Juan Rivas trae o calor atlántico con Superdiscotropical

O QUINTO DISCO DO MúSICO VIGUéS PROMOCIóNASE A TRAVéS DA REDE MY SPACE

Juan Rivas trae o calor atlántico con Superdiscotropical

POP | abril 22, 2009

not_14554.jpg

O disco co que volve Juan Rivas pode descargarse de balde da rede durante esta semana, ao mesmo tempo que consegue un lugar nas portadas española e mexicana do portal My Space. Dous anos despois de Mundo Feliz (POP&CO, 2007) Rivas enche o disco de calor tropical desde o propio título do álbum ata os das cancións, Por ahí viene el sol, Verano en Portugal, Elis Regina y el farfisa que vino de París son boas mostras deso. Esa calor tamén chega co seu característico son caloroso, festivo e elegante, un lounge a pé de praia con influenzas descaradas de bossa nova, drum&bass e como sempre un pop fresco e limpo. Para a gravación Juan Rivas decantouse esta vez polo traballo máis artesanal facéndoa el mesmo desde o seu estudio caseiro e conta coas colaboracións de outros músicos como Joao Parahyba, do brasileiro Trio Mocotó, Jose Luis Pardo, de Amigos Invisibles, un compoñente do grupo barcelonés Electrocugat ou Peón Kurtz de Def con dos, entre outros.

VIDEO | Superdiscotropical
datos do disco