Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
A Xunta organiza un congreso para pór en valor a figura do compositor do himno galego
Xénero:
| 23 / 2 / 2007No 2007 cúmprense cen anos da interpretación do que despois se consideraría como Himno galego. Con texto de Eduardo Pondal, o autor musical foi Pascual Veiga (Mondoñedo, 1842- Madrid 1906), que viu como toda a súa produción musical quedaba ensombrecida polo Himno. Para dar a coñecer a súa biografía e o seu traballo a Xunta, a través do IGAEM, acaba de organizar un congreso. A cita será do 1 ao 3 de marzo na sede da Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago.
Máis información no web do Congreso e sobre as actividades de celebración no web da Consellaría de Cultura
Carlos Núñez recrea un universo sonoro cinematográfico no seu álbum “cinema do mar”
Xénero:
| 22 / 2 / 2007O último traballo de Carlos Núñez, “Cinema do mar”, recupera numerosas bandas sonoras de coñecidas películas. Tanto as que ten composto o músico galego como doutros compositores do panorama internacional. Entre as de Carlos Núñez figuran tres temas que compuxo para a película de Alejandro Amenábar “Mar adentro” e un para a película de Goroa Miyasaki titulada “Historias de terramar”. Entre as versións doutros compositores destaca a de Nino Rota (El Padrino), Ennnio Morricone (A misión) ou The Chieftains (Womens of Ireland).
Máis información no web do disco “Cinema do mar”
Nordestin@s faise co premio Opinión de Folk mentres Deluxe anuncia dous discos para este ano
Xénero:
| 19 / 2 / 2007Como cada ano, acaban de se coñecer os gañadores dos Premios Opinión de Música Folk, que foi para o trío Nordestin@s polo seu primeiro traballo. Por detrás deles quedaron formacións con tanta sona coma Berrogüetto e Milladoiro, que ocuparon o segundo e terceiro postos respectivamente. E canda á unha nova agardada coma esta, Deluxe achéganos unha sorpresa. O coruñés Xoel López anuncia nada menos que dous discos para este ano, un que editará Virgin e outro que só estará dispoñible a través de Internet, onde o autor publicará unha canción por mes a partir de abril.
Máis información en La Opinión La Voz de Galicia
O Consorcio de Santiago programa oito concertos en templos que acaba de restaurar
Xénero:
| 16 / 2 / 2007Combinar música con patrimonio foi a intención coa que o Consorcio de Santiago inaugurou o ano pasado o programa “Músicas contemplativas”. Despois do éxito daquela edición, este organismo acaba de convocar un novo programa que aumenta o número de concertos. En total oito actuacións servirán para coñecer como foron rehabilitadas as igrexas de San Martiño Pinario, San Fiz, Mercedarias, Ánimas, Orfas ou a da Orde terceira. Os concertos, que serán de balde, terán lugar do 3 ao 7 de abril.
Máis información no web do Consorcio de Santiago, El Correo Gallego e no noso especial sobre a edición do ano pasado
Concertos e conferencias festexarán o medio século de existencia do Conservatorio de Ourense
Xénero:
| 13 / 2 / 2007Comezou a funcionar o 25 de outubro de 1957 nun local situado na Praza Maior e pasou por numerosas sedes ata situarse no actual barrio de As Lagoas. O Conservatorio de Ourense cumpre neste 2007 cincuenta anos de vida e os seus dirixentes queren celebralo con música. Para iso acaban de presentar un amplo programa de actividades que encherá de concertos varios locais da cidade das Burgas por tres meses. Ademais, o programa inclúe un ciclo de conferencias nas que participarán Marcos Valcárcel, Roberto Relova e Carlos Vilar-Taboada.
Máis información en La Región e no web do Conservatorio
As grandes salas e diferentes grupos atacan o sistema da Rede de Salas de Música ao Vivo
Xénero:
| 7 / 2 / 2007As grandes salas galegas de concertos, coma a Mardi Gras (A Coruña), a Capitol (Compostela) ou A Iguana (Vigo) non consideran rendible facer parte da Rede Galega de Música ao Vivo. A obrigatoriedade de programar as formacións que participan no proxecto é, segundo explica "La Voz de Galicia", a principal causa da súa exclusión. O proxecto do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) está a ser motivo de polémicas tamén entre os grupos. Ademais do sistema de selección, varios dos que quedaron fóra lamentan que esta programación satura as salas de concertos e impide actuar moitos dos conxuntos que non fan parte da rede.
Máis información en La Voz de Galicia, no Foro de Música Independente; o noso tema
Chega ás tendas o último disco de Milladoiro, baseado en textos de Manuel María
Xénero:
| 6 / 2 / 2007"Unha estrela por guía" é o título do novo disco de Milladoiro, que é ao tempo o primeiro do grupo no que todos os temas contan con voces. Isto débese a que o proxecto musica poemas do falecido poeta chairego, Manuel María, na voz da cantante Laura Amado. Boa parte dos temas xa se puideron escoitar ao longo do pasado ano en diferentes homenaxes ao escritor en todo o país.
Máis información no La Voz de Galicia
Ouvirmos permitirá a descarga de discos ao teléfono móbil
Xénero:
| 31 / 1 / 2007A se adaptar aos novos tempos da industria discográfica, o selo Ouvirmos acaba de anunciar que o seu catálogo estará dispoñible para a descarga en teléfonos móbiles. Por un prezo entre 60 céntimos e 1,20 euros, os interesados poderán ter no seu aparello os temas do selo, cuxo pago se incluirá na factura telefónica habitual.
Máis información en La Voz de Galicia
Un concerto en Lugo lembra os corenta anos da Nova Canción Galega
Xénero:
| 29 / 1 / 2007Nova Canción Galega, o movemento musical organizado en Lugo en 1968 por Alonso Montero cumpría esta fin de semana corenta anos. E fíxoo do mesmo xeito que cando comezou, cun concerto na antiga Escola de Comercio, malia que esta vez sen a prohibición da policía. Os músicos de “Voces Ceibes”, “Fuxan os Ventos” ou “A Quenlla” recordaron cos seus concertos os corenta anos de vida da canción galega, o movemento en prol da dignificación da lingua como vehículo musical.
Máis información en El País
Telémaco saca novo disco e a polaca Paulina Ceremuzynska presenta un sobre as cantigas de amigo
Xénero:
| 24 / 1 / 2007Despois do anuncio das liñas de axuda e as novas directrices da consellaría de Cultura para a música, o sector segue dando que falar. Dunha banda, porque o dúo lucense Telémaco presentará “Terra”, o seu quinto disco que seguirá na liña da música electrónica. Da outra, a cantante polaca Paulina Ceremuzynska recupera 16 cantigas de amigos de outo poetas medievais galaico-portugueses. “E moiro-me d´amor. Cantigas de desexo e soidade” e o título do seu último traballo gravado pola Radio Galega e editado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Máis información sobre do disco de Ceremuzynska El País