Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Consorcio de Santiago programa oito concertos en templos que acaba de restaurar

MúSICAS CONTEMPLATIVAS (BIS)

O Consorcio de Santiago programa oito concertos en templos que acaba de restaurar

ANTIGA | febreiro 16, 2007

imaxe non dispoñible

Combinar música con patrimonio foi a intención coa que o Consorcio de Santiago inaugurou o ano pasado o programa “Músicas contemplativas”. Despois do éxito daquela edición, este organismo acaba de convocar un novo programa que aumenta o número de concertos. En total oito actuacións servirán para coñecer como foron rehabilitadas as igrexas de San Martiño Pinario, San Fiz, Mercedarias, Ánimas, Orfas ou a da Orde terceira. Os concertos, que serán de balde, terán lugar do 3 ao 7 de abril.

Máis información no web do Consorcio de Santiago, El Correo Gallego e no noso especial sobre a edición do ano pasado