CRÍTICAS / 346
SOBRE O LIBRO"O REI ARTUR MITO E REALIDADE"
Guía das paisaxes artúricas
O mito do rei Artur é unha das máis vizosas creacións da cultura europea. Neste didáctico libro téntase deslindar o que nel hai de realidade histórica e o que ten de narrativa lendaria.
SOBRE O LIBRO"MANEIRAS DE QUERER"
(re)Ler A Vicente Araguas
A voz de Vicente Araguas presenta unha singularidade que volve incómodo calquera intento de clasificación. Este volume que reúne toda a poesía publicada polo autor e algúns inéditos, ha ter un lugar de seu nas bibliotecas de estudosos e especialistas na poesía galega. Mais, por outro lado ha permitir tamén o descubrimento e a (re)lectura dalgúns textos que, pola súa deficiente distribución, ou por outras razóns, non chegaron ao lector de poesía.
SOBRE O LIBRO"ELA ATOPA UN NOME"
A aventura interior
A protagonista non ten nome aínda, pero ante os seus ollos o libro que ten nas mans pídelle axuda e trasládaa ao seu mundo. o Mundo de Dentro. A partires desta viaxe ao mundo da fantasía a narración presenta unha intelixente reflexión arredor da busca da identidade propia, invita á reflexión sobre a extensión de modelos universais e o tratamento do imaxinario, pero tamén sobre a educación e as relacións familiares.
SOBRE O LIBRO"AS LUCES QUE SE ACENDEN E SE APAGAN"
Soños de cor aventura
As dúbidas e curiosidades sobre o proceso creativo dunha obra de arte respóndense neste libro. O crítico de arte Xosé Manuel Lens acha o procedemento do libro como "impecable, sinxelo e tremendamente efectivo."
SOBRE O LIBRO"TRAXECTOS CURTOS"
A intimidade en tránsito
Manuel Pereira preséntanos, na súa primeira obra de narrativa, un libro no que explora a combinación de diferentes linguaxes artísticas para contar as súas historias que comparten o elemento común da viaxe como fío que enlaza cada un dos relatos e aos personaxes nun contexto real e metafórico a un tempo. Un libro no que cada relato é como un traxecto curto nunha gran viaxe.
SOBRE O LIBRO"TRES PEZAS TEATRAIS"
Tres doces de ficción
Este libro recolle as tres pezas teatrais que compartiron o Premio Estornela de Teatro para nenos e nenas que concedeu a Fundación Neira Vilas en 2004. “O ensaio”, “O porco que perdera a cabeza” e “Xoguetes”: tres doces de ficción para que os máis pequenos se atrevan a por os pés no universo do teatro, tres peciñas que nada teñen que ver agás na vontade de proporcionarlles mundos imaxinarios que converter en realidade.
SOBRE O LIBRO"O BARCO E A TERRA DE VALDEORRAS DURANTE A II REPúBLICA E O FRANQUISMO (1931-1977)"
Lugar único, tempo común
Unha obra que toma como punto referencial o antes e o despois de xullo de 1936, primeiro no tempo de esperanza da II República e, despois, no estudo dos feitos criminais impulsados polos alzados en armas contra a legalidade constitucional. Unha fase da historia compartida que agora é estudada a través da óptica local.
SOBRE O LIBRO"EU CONTO, TI CANTAS..."
Despedidas que mancan o corazón
Último dos libros editados da autora recentemente desaparecida e á que se dedica unha homenaxe no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Trátase dunha mostra máis dese mundo propio e recoñecible que María Victoria Moreno soubo crear. Tres contos para todos os nenos e nenas de sete anos en diante que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas.
SOBRE O LIBRO"LIQUIDACIóN DE EXISTENCIAS"
Liquidación de existencias
O poeta Estevo Creus fai unha crítica de aproximación ao libro de aforismos de Marcos Lorenzo. Do libro di que é un "libro todo", onde todo cabe, un libro sen forma xa que o mesmo libro é forma.
SOBRE O LIBRO"O HEROE"
Resistencia e reinvención
A primeira peza teatral de Manuel Rivas, escrita con trazos de ironía e dureza, sitúanos nun presente recordado, entre un episodio histórico do franquismo e a contemporaneidade, para mergullarnos nunha subversión do concepto de heroe como culto ao guerreiro.
SOBRE O LIBRO"ESCURA E TRANSPARENTE"
Sintaxe de sombras
É este un libro de poesía para ler, para mergullarse nun universo verbal construído con man artesá. Mais tamén é un caderno de artista e un libro para ter entre as mans, para pasar as follas e experimentar un pracer que vai máis alá do propio texto. A súa aparencia trae á memoria os mellores froitos da edición artesanal.
SOBRE O LIBRO"O ORBALLO DA IGUALDADE"
Loitadoras
Estudo que aborda aspectos relacionados coas asociacións que constituíron as mulleres coruñesas desde finais do século XIX ata 1936, dividindo a atención entre a actividade da muller proletaria e a da muller burguesa. Este traballo consegue achegarnos a mulleres anónimas, que loitaban, incluso sen sabelo, polos seus dereitos de xeito individual e enfrontándose moitas das veces á indiferenza e incluso á mofa dos que se consideraban “demócratas, republicanos ou socialistas”. Con traballos como este demóstrase que a historia local ben tratada e analizada, serve para comprender algo máis do devir dunha comunidade.
SOBRE O LIBRO"DO IMPERIO ROMANO á ALTA IDADE MEDIA"
Guía da Historia sobre o terreo
Primeiro premio Historia Medieval de Galicia 2004- é unha síntese de todos os traballos arqueolóxicos que se fixeron en Galicia ata agora arredor dunha fase tradicionalmente "escura" e pouco estudada, a que engloba dende os momentos finais do Imperio Romano ata o agromar da Alta Idade Media, pasando polos Reinos Xermánicos, e que na bibliografía científica actual é nomeada como Tardoantigüidade. Pero este traballo non é só unha síntese, senón que tamén presenta unha nova análise do rexistro arqueolóxico destas épocas.
SOBRE O LIBRO"A CIENCIA DOS ANXOS"
Entre o exacto e o intanxible
A obra "A ciencia dos Anxos" da dramaturga e actriz coruñesa Inma António resultou premiada co galardón Rafael Dieste 2003 outorgado pola Deputación da Coruña. A obra de Inma António reflexiona sobre a ética no mundo científico como tema de fondo para unha historia de amor entre biólogos moleculares.
SOBRE O LIBRO"RúA CARBóN"
Collendo o medo polo pescozo
Novela na que a autora propón a procura do pai como eixo do problemático tránsito da adolescencia á madurez. Unha narración onde o conflito político vasco funciona como fondo, sobre a procura complexa das identidades individuais e colectivas.
SOBRE O LIBRO"NAS CATACUMBAS"
Fitando con horror o río do tempo
A segunda entrega da triloxía «Evanxélica memoria», proxecto narrativo que conta en clave de novela a represión sufrida polas comunidades evanxélicas en Galicia, céntrase no período que vai do final da guerra civil ao remate dos anos corenta. Este libro enfronta aos lectores coa realidade da posguerra, marcada pola brutalidade fascista e pola resistencia dos derrotados, que tentan sobrevivir nunha sociedade consumida e amedrentada.
SOBRE O LIBRO"A RAíñA LUPA"
A semente pagá que deveu en lenda
O presente estudo, gañador do V Premio de Ensaio Manuel Murguía, presenta unha análise sistemática da mítica raíña dos lobos, a personaxe lendaria que opuxo as súas forzas á implantación do cristianismo en Galicia. A través de diversas metodoloxías de estudo e diferentes enfoques ofrécese por vez primeira unha imaxe poliédrica da Raiña e do complexo enramado cultural que arredor dela foi xurdindo, incluíndo o fenómeno xacobeo a as orixes de Santiago.
SOBRE O LIBRO"CASA DE ORFAS"
Alicias e sereas
É certamente Emma Pedreira (A Coruña, 1978) autora dunha obra extensa e complexa no que á poesía se refire, formada polos títulos Diario bautismal dunha anarquista morta (1999), Grimorio (2000), Corpo (2001), As posturas do día (2001), Velenarias (2001) e Os cadernos d’amor e os velenos (2002). A fortuna sorriulle especialmente á escritora, pois os máis destes libros foron merecedores de premios literarios ou accésits, como tamén o foi o ata o de agora derradeiro, Casa de orfas, do Fiz Vergara Vilariño na súa quinta edición.
SOBRE O LIBRO"UN TARRO CHEO DE LAPIS"
A emoción do cotián
Juan Farias está de plena actualidade porque un dos seus títulos, “Un tarro cheo de lapis”, acaba de aparecer no mercado galego dentro da colección “Camaleón” que edita Planeta & Oxford, ademais de ter acadado recentemente o Iº Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil Edicións SM. O galardón quere recoñecer a solidez e o compromiso da súa obra, a elección de temas e a súa vontade de estilo, trazos que o converten nun auténtico clásico en vida ao se tratar dunha das voces máis persoais e recoñecibles da LIX actual.
SOBRE O LIBRO"FAHRENHEIT 451"
A profecía do libro escollido
Esta é unha novela situada nun futuro onde a xente xa non se interesa pola literatura, é máis, perséguea. Escrita só en nove días esta novela é xa un dos clásicos da literatura universal en xeral e un referente do xénero da ciencia ficción, no que o autor destacou. No relato a fin da cultura escrita, e con ela a cultura en xeral, antóllasenos profética por tal e como o autor describe a sociedade onde iso ocorre. Unha lectura ineludible e estarrecedora.