O poeta Estevo Creus fai unha crítica de aproximación ao libro de aforismos de Marcos Lorenzo. Do libro di que é un "libro todo", onde todo cabe, un libro sen forma xa que o mesmo libro é forma.
2 / 2 / 2006
Estevo Creus. Santiago¿Y por qué habríamos de temerle al misterio? Así empeza este libro todo de case todo; tumbándote a golpes o serán para que o vexas así, case como é todo; esta postal de sol sobre un estanco que vende postais de sol sobre un estanco. 1 non é 1 é.
O estilo preciso deste bosco a golpes. Esta diminuta mostra dos estratos:
“O pragmatismo é unha cousa moi abstracta” umm “Arrancas tus raíces, las volteas al cielo: brota una flor” umm “El victimismo deviene en intransigencia y la intransigencia rebota” umm “El humor diluye los grumos del poder (…) el humor no siempre tiene que ver con la risa (…) la risa es al humor lo que la eyaculación a la sexualidad (…). El chiste es un mecanismo contrainsurgente, una fábrica con paredes” umm umm “Hay restaurantes en Galicia de cuyos techos cuelgan cabezas de animales. Lástima que no sea una advertencia” umm umm umm “ Para o paradigma científico a realidade é un incordio, un engorro, unha fonte de anomalías. Para os modelos formais a vida é unha externalidade” umm umm umm umm
Pero non serei eu quen desvele o misterio. Como a selva, a vida estorba. Estorba ao pai, ao político, ao científico, ao arquitecto… Demasiadas posibilidades no posible. Mellor resumir as coordenadas dos zapatos e construir mil topografías para a morte. Facer pastiches e respirar da ilusión de pisar, agora si, os mapas dados –denuncia-. A ciencia mapa, psicoloxías mapa, arquitecturas mapa, ideoloxías mapa, verdades mapa de mapal. “Tabiques”.
Pero entretanto, por detrás –diría o anxo- seguramente alguèn abre as súas pernas para un amor prohibido, alguén vomita o pulmón exacto da resaca e rí resaca, alguén se atreve a ser por fin unha muller fea e guapa e fea ou un home feo e guapo e feo a mexar nas grandes verdades dos centros de descoñecemiento institucional. “A razón é unha solución imaxinaria” di o autor. Unha.
Seguramente eu, tan gordo e feo, masturbarei tamén a miña asfixia entre as paredes. Xa vedes. Nada fotoxénico é o que se move e cambia e é; ninguén quere unha postal desenfocada. Mellor ateigar os mercados de mapal. Limpar os datos que estorban. Facer unha bonita teoría a base de Mistol e ZZ. Aquí está a vida, vés?, sobre este expositor de sol sobre un estanco. Desconfía –dinos Marcos- desconfía.
Porque este é un libro todo. Aquí cabe a sinxeleza do paseo íntimo (e universal) do autor e dos seus monstruos. Así, de vagar, sen pretensións. Aquí cabe (grazas), o paradoxo. Aquí cabe (por fin) o humor e non o chiste (por fin), aquí cabe (grazas) o incorrecto e as súas posibilidades do correcto; a crítica sentida a todo un pais sentido dentro que devora aos seus fillos dentro (grazas). Aquí cabe a excepción como axioma (Alfred Jarrie). Aquí cabe o bisturí para analizar a verdade e (pór fin) ao relativismo (por fin). Aquí hai psicoloxías, non unha psicoloxía. Aquí hai poesía non de adornos senón de coñecemento (grazas). Aquí Valente, e Michaux. Aquí cabe un libro de milleiros de mapas contrapostos a este mapa inventado de matanzas (grazas). Aquí caben as gracias que aquí caben.
Seguramente este é o primeiro libro así desta literatura nacional tan así deste mundo tan así que diría Ferlosio. Por eso esto non é un ensaio, non é unha novela, non é un poema, senón máis ben unha interminable fuga de Coltraine ou de Philip Glass.
Os Golpes Baixos. Sempre.
Aínda que non se compartan todas as cousas que se din: Imprescindible, intelixente, distinto, cruel, tenro e doloroso. Nunca incorrecto. Só apto para aptos. Atención cos precipicios.
Este libro é un libro sen forma. Como a vida; é a forma. (Grazas)