A medio camiño entre o dietario de autor, ao modo dun Nietzsche, Benjamin ou Pessoa, e a antropoloxía experimental, sen referentes claros por estas latitudes, o Liquidación de Existencias inaugura o xénero aforístico en Galiza. A través deste collage, o autor persegue acceder a unha comprensión persoal e integral do mundo no que estamos inmersos, propoñendo aos lectores unha nova forma de interpretar a nosa realidade, tanto naqueles aspectos máis exclusivos da historia social de Galiza, como nos que se derivan das convulsións globais da contemporaneidade. [Fragmento do Prólogo de Antón Baamonde]