CRÍTICAS SOBRE Xornalismo / 3
SOBRE O LIBRO "O CRIME DE PARDESOA"
Máis alá do asasinato
Na madrugada do 23 de novembro do ano 1897, a aldea do San Marcos, pertencente á freguesía de Pardesoa, no concello pontevedrés de Forcarei, converteuse en escenario dun crime horrendo. A investigación hemerográfica sobre o acontecido feita por Calros Solla achega un coñecemento que vai máis alá do asasinato amosando unha radiografía da sociedade galega, do progreso e avance social que estaba a acontecer e da construción dun sistema de goberno semellante ao europeo.
SOBRE O LIBRO "VIGO A 80 REVOLUCIóNS POR MINUTO"
Movida escríbese con V, de Vigo
Crónica da movida viguesa da década de 1980 realizada por Emilio Alonso, colaborador activo deses acontecementos que supuxeron unha renovación conceptual das artes nunha época convulsa en Vigo. Un movemento cultural que tivo na música a súa bandeira, aínda que tamén destacaron as artes visuais, o cine e a vídeo creación, o teatro, a banda deseñada, a arquitectura, o deseño ou a moda.
SOBRE O LIBRO "OS ANCARES, A SERRA ESQUECIDA"
Onde non chegaba o presente
Este libro recolle as vivencias dunha expedición a Donís, parroquia situada lonxe das estradas no corazón dos Ancares lugueses, onde se trasladou en 1968 o autor da obra, o xornalista e escritor Enrique de Arce, xunto cun reducido grupo de estudantes de medicina da Universidade de Santiago de Compostela. As súas crónicas e imaxes outórgalle ao libro un valor etnográfico, político, histórico e sociolóxico evidente.
1 a 3 de 3