lg3
inicio» lg3»  criticas» Clásicos 

CRÍTICAS SOBRE Clásicos / 9

SOBRE O LIBRO "ESCRITOS SOBRE ARQUEOLOXíA"
A ledicia dunha nova descuberta
Mentres o ano está en curso e a homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez segue vixente esta coidada edición compendia nun único volume artigos esparexidos por numerosas revistas especializadas, de non doada consulta para o público en xeral. Dentro da na obra inmensa deste autor, é fundamental o labor de recollida, estudo, documentación e difusión da arqueoloxía e do patrimonio histórico. O presente libro constitúe un auténtico espello no que se reflicte a evolución da Arqueoloxía do noso país ao longo de grande parte do século XX.


SOBRE O LIBRO "CELSO EMILIO FERREIRO. ESCOLMA POéTICA"
Arredor dun mundo que se chama Celanova
A escolma poética de Celso Emilio Ferreiro reúne os versos máis senlleiros publicados en “Longa Noite de Pedra”, “Viaxe ao país dos ananos” e “Onde o mundo se chama Celanova”. Cada un deles pertence a unha época da súa vida e xuntos trazan unha circunferencia entre a Celanova de 1912, onde naceu o poeta, e a de 1979, onde é enterrado. Contando ademais coas ilustracións de Baldo Ramos, que van moito máis alá do mero acompañamento dos textos, a Escolma é un fermoso produto do que pode gozar quen desexe ler ou reler a poesía dun dos autores centrais do século XX e estabelecer os termos da relación entre texto e imaxe que o libro propón.


SOBRE O LIBRO "ROSEIRA DO TEU MENCER"
A “Roseira” vos dono que eu fis á miña nena
Estes son os poemas que Xosé María Álvarez Blázquez dedicou en 1950 a súa filla Mª Luísa con motivo do seu primeiro aniversario. Publicado por vez primeira na editorial Monterrey, da que el mesmo era cofundador, pode considerarse unha obra pioneira na poesía infantil, agora actualizada por Xerais cos cambios lingüísticos pertinentes e engadíndolle materiais que explican tanto o percorrido biográfico do autor como a xénese e características do poemario. O volume abre e pecha con senllas invocacións que nos fan lembrar as trobas medievais. Os poemas constitúen un delicado canto ao sentimento paternal.


SOBRE O LIBRO "UNIVERSO CUNQUEIRO"
A sección áurea
Nesta obra reúnense traballos dispersos e de diversa natureza e temática. Hai prólogos, artigos ou capítulos de libros selectivos, conferencias, etc. Teñen en común a vocación culturalista e o afán de erudición tan característicos do gran narrador mindoniense.


SOBRE O LIBRO "ANIMALIñOS"
Pequenos bechos, grandes obras
Unha das últimas montaxes do finado Roberto Vidal Bolaño foi esta obra na que non hai lugar á decepción pero si un grande espazo para a risa e a reflexión. En “Animaliños” encontramos a un Vidal Bolaño sen ningún tipo de censuras e con múltiples acentos no seu afán transgresor e polémico. O resultado, divertido e sarcástico, é esta obra que aborda a relación da sociedade urbana coa natureza e que, segundo Inma López Silva, non podemos ler sen albiscar, a lo menos, unha pinga de nostalxia.


SOBRE O LIBRO "CONTOS DO CAMIñO E DA RúA"
O eterno fidalgo
No ano 2001 cumpríronse vintecinco anos da morte do escritor ourensán e a narrativa de Otero Pedrayo é máis ca nunca, un documento único para analizar a figura do fidalgo e a adaptación deste estamento ao cambio social que se deu en Galicia a finais do século XIX.


SOBRE O LIBRO "MANIFESTO MáIS ALá"
Chamada á renovación
Manuel Antonio é unha representación perfecta da renovación nos contidos en nos estilos. Na súa etapa de estudiante en Santiago nace o seu compromiso coa cultura e a realidade. O seu talante é o dun aventureiro, é un poeta vangardista que se inxire nas correntes literarias europeas da estética creacionista, con elementos do dadaísmo.


SOBRE O LIBRO "O DIVINO SAINETE"
Sátira maxistral
Poucas obras dentro da literatura europea teñen atacado e ridiculizado de xeito tan incisivo ó comportamento da Igrexa. A prensa e os críticos de dereitas chegaron a dicir que o seu lugar era "as tabernas e os lupanares" ou mesmo que o destino axeitado para tal obra era "ser queimada por man do verdugo na praza pública".


SOBRE O LIBRO "BREVIARIO ENCICLOPéDICO"
A carballeira invisible das palabras
"Quen sabe quén é, sabe quén pode ser; e quen sabe de ónde ven sabe a ónde pode chegar". Esa é a lección aportada por Eladio Rodríguez na súa obra que despois de máis de 60 anos da súa edición orixinal segue a ser de obrigada consulta e consigue aportar agora con esta edición do Breviario Enciclopédico por La Voz de Galica, o coñecemento sobre as raíces culturais populares galegas na súa relación conxénita coa identidade da lingua galega.


CRÍTICAS POR XÉNERO


Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal