Novas | 661 a 670 de 4159

<< Anterior Siguiente >>

18/05/2021
900.000 euros en axudas para as rodaxes en galego na provincia de Pontevedra

A Deputación provincial de Pontevedra dedicará 900.000 euros a promover as filmacións de proxectos audiovisuais en galego que teñan como escenario a provincia para mellorar a súa visibilidade e notoriedade como lugar de rodaxes. A Xunta de Goberno do ente vén de aprobar as condicións que deben cumprir a entidades que queiran formar parte de "Pontevedra, plató de cinema", o programa de patrocinio e mecenado ás rodaxes. Con este orzamento a institución eleva este ano a partida en 30.000 euros máis que na súa edición anterior.. Amplía a nova>>

06/05/2021
Compostela Filmada condensa a intensa relación entre Santiago e o cine

A primeira filmación cinematográfica da que se ten noticia en Santiago, que non se conserva, é de 1910, e a segunda, de 1920. Desde entón, a cidade foi escenario de case un centenar de rodaxes. Dar a coñecer a intensa vinculación histórica da capital galega co mundo do cinema é o obxectivo do proxecto Compostela Filmada, coordinado por Óscar Senra para o Concello de Santiago. A iniciativa, artellada a través dunha páxina web co mesmo nome, ofrece información dos máis de 90 filmes e doutros tantos documentais, curtametraxes e series nos que a cidade foi escenario das rodaxes. Ademais inclúese a información sobre os espazos de exhibición así coma dos festivais como Cineuropa, Curtocircuito, Amal ou MICE. A páxina web inclúe nese sentido recursos dous mapas, un que ofrece un paseo pola historia das rodaxes realizadas en Santiago, e o Mapa dos Cinema(tógrafo)s, onde se relembran as salas de proxección históricas da cidade.. Amplía a nova>>

04/05/2021
A Secretaría Xeral de Política Lingüística lanza a serie Unha palabra para Xela

Un total de trinta e unha pezas audiovisuais, que se van publicando diariamente durante o mes de maio. Esta é a proposta que ten xa en marcha a Secretaría Xeral de Política Lingüística no seu web e mais na súa canle de Youtube. O proxecto, que desenvolveu Arraianos Producións, conta con "académicos e académicas da lingua galega, familiares, amigos e amigos e tamén doutras persoas que tiveron relación coa autora" que escollen en cada unha das pezas "unha palabra que destaca a calidade que, na súa opinión, mellor define a homenaxeada ou retrata un trazo persoal, faceta ou obra da autora que valora especialmente". . Amplía a nova>>

30/04/2021
O Festival de cine de Málaga premia a Oliver Laxe pola súa traxectoria

O Festival de Málaga de Cine Español ven facer pública a súa decisión de conceder o Premio Málaga Talent ao cineasta Oliver Laxe. O recoñecemento, que se outorga en colaboración co xornal La Opinión de Malaga entregarase na 24ª edición do festival que se celebra entre o 3 e o 13 de xuño. O festival premia en Laxe a súa traxectoria, da que destaca "unha ollada singular sobre o mundo e un forte compromiso co cine coma expresión artística", ademais dos numerosos premios recollidos coas súas obras desde 'Todos vos sodes capitáns'(2009) e 'Mimosas'(2015) ata a recente 'O que arde'(2019). O festival de Málaga lembra que Laxe é, con Víctor Erice, o único cineasta español seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras e o único en ser premiado en todas as súas participacións.. Amplía a nova>>

29/04/2021
O compositor Sergio Moure recibirá o Premio especial do OUFF

O compositor Sergio Moure de Oteyza (A Coruña, 1969) recibirá o Premio Especial da 26 edición do Festival de Cine de Ourense -instituído na 25 edición-, pola súa ampla traxectoria como músico de cinema e como autor de máis de medio cento de composicións para longametraxes, curtametraxes e series de televisión, á parte o seu labor como músico sinfónico. Así llo comunicou persoalmente ao compositor Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, institución que dende 2018 lidera o rexurdir do festival xunto á Fundación Carlos Velo. Co gallo do premio, o Ourense Film Festival publicará un volume autobiográfico do propio Moure na súa serie Monografías, que será presentado nas mesmas datas.. Amplía a nova>>

28/04/2021
Ab Origine publica na rede o documental O país da Moura

A canle de Youtube da empresa Ab Origine está a publicar ata o vindeiro 4 de maio os 11 capítulos que compoñen o documental O país da Moura. Esta produción da firma especializada en antropoloxía e xestión cultural "é un documental sobre a riqueza mitolóxica que atesoura Galicia centrado nas lendas que configuran o mito da Moura, o personaxe mitolóxico máis importante da nosa cultura e un dos elementos simbólicos do folclore galego". . Amplía a nova>>

27/04/2021
A histórica produtora Faro fecha as súas portas

A Produtora Faro, referente audiovisual no noso país, fechaba este 26 de abril as súas portas en Vigo logo de 35 anos de actividade. A empresa aduce problemas económicos como motivo do feche, que deixa na rúa 42 profesionais. O cadro de persoal anunciou unha folga indefinida logo que as persoas responsables da firma afirmasen carecer de liquidez para pagar as nóminas do mes en curso. Faro levaba varios anos a arrastrar unha crise financiera pola que xa declarara varios expedientes temporais de regulación de emprego desde 2014. . Amplía a nova>>

27/04/2021
A Xunta convoca cinco empresas para achegar ideas ao Hub audiovisual

Comezan os movementos para pór a andar o Hub de Industrias Culturais e Creativas que anunciou a Xunta para este 2021. O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo reuniuse este 26 de abril con representantes das que a Axencia Galega das Industrias Culturais define como "principais empresas de referencia no eido audiovisual". Portocabo, CTV, Vaca Films, Ficción Produccións e Bambú foron as cinco produtoras que fixeron parte deste encontro, no que puideron achegar propostas para o Hub xa anunciado pola Xunta. . Amplía a nova>>

26/04/2021
A Deputación de Pontevedra reúne a súa acción cultural baixo o lema 'Aviventa cultura'

A Deputación de Pontevedra acaba de lanzar a súa programación cultural para o 2021 que, cun investimento de preto de 2,8 millóns de euros, pretende "aviventar" o sector na provincia. Estes recursos non inclúen os preto de dez millóns de euros destinados ao Museo de Pontevedra e ás actividades culturais que se promoven desde os distintos servizos da institución aínda que si inclúe programas xa asentados como Pontegal (cun orzamento de 600.000 euros), Musigal (dotado con 500.000 euros) ou as subvencións para actividades culturais, festivais audiovisuais, festivais musicais ou escolas de música (480.000 euros), entre outras liñas de acción xa en marcha. "Aviventa cultura. Cultura para coller alento", como así se denomina a programación cultural, artella unha ampla serie de actividades relacionadas coa música, o patrimonio, teatro, escrita, cinema, lingua, arte, artesanía e historia que a Deputación espallará por todos os concellos da provincia.. Amplía a nova>>

22/04/2021
O catálogo Films from Galicia recolle 63 producións do país

Unha selección de 63 producións e proxectos de cinema e televisión. Isto é o que achega a nova edición do catálogo Films From Galicia que presentaba a Axencia Galega das Industrias Culturais este 21 de abril. A publicación é a principal ferramenta de promoción do audiovisual galego en mercados e foros internacionais e, para alén da edición física e dixital conta tamén cun vídeo promocional que xa se presentou na última gala dos premios Mestre Mateo.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org