O LAV.Mov retorna a Vedra

O programa inclúe obradoiros, proxeccións e o certame de curtas #AFumeDeCarozo

Despois da ausencia do pasado ano por mor da pandemia, a Asociación Senunpeso celebra entre o 29 e o 31 de outubro unha nova edición do seu LAV.Mov. O Laboratorio Audiovisual de Vedra, centrado na formación e a creación audiovisual, inclúe no seu programa un obradoiro de formación centrado no uso de found footage para crear unha peza audiovisual a partir de imaxes de arquivo da man de Javier Trigales. Un segundo obradoiro a cargo de Fernando Alfonsín abordarán os fluxos de traballo con imaxe dixital desde o set de rodaxe, pasando pola postprodución ata o produto final.


Ademais, a organización convoca unha nova edición do certame #AFumeDeCarozo, que conta cun premio de 1.000 euros. As persoas participantes terán 48 horas para desenvolver unha curtametraxe a partir duns requisitos sorpresa. Andrés Goteira actuará como mentor e fará asesoramento nas fases de guión, rodaxe e montaxe.

A maiores, cada unha das xornadas do programa rematará cunha proxección. Dhogs, unha selección de curtas do Festival de Cans 2021 e mais as curtas realizadas no marco do certame, que se proxectarán gala de clausura do encontro o domingo 31, compoñen esta sección.